Nokia 6730 classic - Configuración remota

background image

Configuración remota

Seleccione

>

Axustes > Xestor dispositivos.

Co Xestor de dispositivos pode xestionar axustes, datos e

software do seu dispositivo dun xeito remoto.
Pode conectarse a un servidor e recibir os axustes de

configuración para o seu dispositivo. Pode recibir perfís de

servidor e diversos axustes de configuración dos seus

fornecedores de servizo ou do departamento de xestión de

información da empresa. Os axustes de configuración poden

incluír a conexión e outros axustes usados por diferentes

aplicacións no seu dispositivo. As opcións dispoñibles poden

variar.
O servidor inicia normalmente a conexión de configuración

remota cando os axustes do dispositivo precisan ser

actualizados.
Para crear un novo perfil de servidor, seleccione Opcións >

Perfís servidor > Opcións > Novo perfil de servidor.
É posible que reciba estes axustes do seu fornecedor de

servizos nunha mensaxe de configuración. En caso contrario,

defina os seguintes axustes:
Nome do servidor — Introduza un nome para o servidor

de configuración.

ID de servidor — Introduza a ID única para identificar o

servidor de configuración.

Contrasinal de servidor — Insira un contrasinal para

identificar o seu dispositivo no servidor.

Xestión de datos

© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.

59

background image

Modo de sesión — Seleccione o tipo de conexión

preferido.

Punto de acceso — Seleccione o punto de acceso a

empregar para a conexión, ou cree un punto de acceso.

Tamén pode elixir que se lle pregunte o punto de acceso

cada vez que inicie unha conexión. Este axuste só está

dispoñible se seleccionou Internet como tipo de portador.

Enderezo de host — Introduza o enderezo web do

servidor de configuración.

Porto — Introduza o número de porto do servidor.

Nome de usuario e Contrasinal — Introduza a súa ID de

usuario e contrasinal para o servidor de configuración.

Permitir configuración — Seleccione Si para permitir

que o servidor inicie a sesión de configuración.

Aceptar autom. todas — Seleccione Si se non desexa que

o servidor lle solicite confirmación cando inicia unha

sesión de configuración.

Autentificación de rede — Seleccione se desexa

empregar autenticación de http.

Nome de usuario de rede e Contrasinal de

rede — Introduza a súa ID de usuario e contrasinal para a

autenticación http. Este axuste só está dispoñible se

seleccionou empregar Autentificación de rede.

Para conectarse ao servidor e recibir os axustes de

configuración para o seu dispositivo, seleccione Opcións >

Iniciar configuración.
Para ver o rexistro de configuración do perfil escollido,

seleccione Opcións > Ver rexistro.
Para actualizar directamente o software dende o dispositivo,

seleccione Opcións > Axustes. A actualización non borra os

seus axustes. Cando reciba no seu dispositivo o paquete de

actualización, siga as instrucións de pantalla. O dispositivo

reiniciarase unha vez rematada a instalación. A descarga de

actualizacións de software pode implicar a transmisión de

grandes cantidades de datos a través da rede do seu

fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu fornecedor

de servizos para obter información acerca das tarifas de

transmisión de datos. Asegúrese de que a batería do

dispositivo dispoña de carga suficiente ou conecte o cargador

antes de iniciar a actualización.