Configuración remota
Seleccione
>
Axustes > Xestor dispositivos.
Co Xestor de dispositivos pode xestionar axustes, datos e
software do seu dispositivo dun xeito remoto.
Pode conectarse a un servidor e recibir os axustes de
configuración para o seu dispositivo. Pode recibir perfís de
servidor e diversos axustes de configuración dos seus
fornecedores de servizo ou do departamento de xestión de
información da empresa. Os axustes de configuración poden
incluír a conexión e outros axustes usados por diferentes
aplicacións no seu dispositivo. As opcións dispoñibles poden
variar.
O servidor inicia normalmente a conexión de configuración
remota cando os axustes do dispositivo precisan ser
actualizados.
Para crear un novo perfil de servidor, seleccione Opcións >
Perfís servidor > Opcións > Novo perfil de servidor.
É posible que reciba estes axustes do seu fornecedor de
servizos nunha mensaxe de configuración. En caso contrario,
defina os seguintes axustes:
● Nome do servidor — Introduza un nome para o servidor
de configuración.
● ID de servidor — Introduza a ID única para identificar o
servidor de configuración.
● Contrasinal de servidor — Insira un contrasinal para
identificar o seu dispositivo no servidor.
Xestión de datos
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
59
● Modo de sesión — Seleccione o tipo de conexión
preferido.
● Punto de acceso — Seleccione o punto de acceso a
empregar para a conexión, ou cree un punto de acceso.
Tamén pode elixir que se lle pregunte o punto de acceso
cada vez que inicie unha conexión. Este axuste só está
dispoñible se seleccionou Internet como tipo de portador.
● Enderezo de host — Introduza o enderezo web do
servidor de configuración.
● Porto — Introduza o número de porto do servidor.
● Nome de usuario e Contrasinal — Introduza a súa ID de
usuario e contrasinal para o servidor de configuración.
● Permitir configuración — Seleccione Si para permitir
que o servidor inicie a sesión de configuración.
● Aceptar autom. todas — Seleccione Si se non desexa que
o servidor lle solicite confirmación cando inicia unha
sesión de configuración.
● Autentificación de rede — Seleccione se desexa
empregar autenticación de http.
● Nome de usuario de rede e Contrasinal de
rede — Introduza a súa ID de usuario e contrasinal para a
autenticación http. Este axuste só está dispoñible se
seleccionou empregar Autentificación de rede.
Para conectarse ao servidor e recibir os axustes de
configuración para o seu dispositivo, seleccione Opcións >
Iniciar configuración.
Para ver o rexistro de configuración do perfil escollido,
seleccione Opcións > Ver rexistro.
Para actualizar directamente o software dende o dispositivo,
seleccione Opcións > Axustes. A actualización non borra os
seus axustes. Cando reciba no seu dispositivo o paquete de
actualización, siga as instrucións de pantalla. O dispositivo
reiniciarase unha vez rematada a instalación. A descarga de
actualizacións de software pode implicar a transmisión de
grandes cantidades de datos a través da rede do seu
fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu fornecedor
de servizos para obter información acerca das tarifas de
transmisión de datos. Asegúrese de que a batería do
dispositivo dispoña de carga suficiente ou conecte o cargador
antes de iniciar a actualización.