Xestión de datos
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
57
2. No Xestor de aplicacións, seleccione Opcións >
Instalar. Noutras aplicacións, seleccione o ficheiro de
instalación para que esta comece.
Durante a instalación, o teléfono amosa información
acerca do seu progreso. Se instala unha aplicación sen
certificado ou sinatura dixital, o teléfono amosará unha
advertencia. Continúe a instalación só se está seguro da
orixe e contido da aplicación.
Para executar unha aplicación instalada, localícea no menú e
selecciónea.
Para ver os paquetes de software instalados ou eliminados e
a súa data, seleccione Opcións > Ver rexistro.
Importante: O dispositivo só admite unha aplicación
antivirus. Dispoñer de máis dunha aplicación con función
antivirus pode afectar ao rendemento e funcionamento ou
causar que o dispositivo deixe de funcionar.
Despois de instalar as aplicacións nunha tarxeta de memoria
compatible, os ficheiros de instalación (.sis, .sisx)
permanecen na memoria do dispositivo. É posible que os
ficheiros utilicen grandes cantidades de memoria e lle
impidan almacenar outros ficheiros. Se o ficheiro .sis é un
ficheiro achegado dunha mensaxe, elimine a mensaxe da
bandexa de entrada.