Actualizar o software do dispositivo
As actualizacións de software poden incluír funcións novas e
melloradas que non estaban dispoñibles cando mercou o
dispositivo. A actualización de software pode tamén mellorar
o rendemento do dispositivo.
Nokia Software Updater é unha aplicación para PC que lle
permite actualizar o software do seu dispositivo. Para poder
actualizar o software do seu dispositivo, necesita un
ordenador compatible, acceso a internet de banda ancha e
un cable USB compatible para conectar o dispositivo ao
ordenador.
Para obter máis información, comprobe os comunicados de
prensa sobre as últimas versións de software; para descargar
a aplicación Nokia Software Updater, visite www.nokia.com/
softwareupdate ou a web local de Nokia.
Para actualizar o software do dispositivo, leve a cabo o
seguinte:
Xestión de datos
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
60
1. Descargue e instale a aplicación Nokia Software Updater
no seu ordenador.
2. Conecte o seu dispositivo ao ordenador mediante un
cable USB e inicie a aplicación Nokia Software Updater. A
aplicación Nokia Software Updater informaralle de como
facer copias de seguridade dos seus ficheiros, actualizar
o software e restaurar os seus ficheiros.
18. Conectividade
Transferir o contido desde outro
dispositivo
Seleccione > Axustes > Cambio.
Coa aplicación Cambio, pode transferir contido como
contactos, entre dous dispositivos Nokia compatibles.
O tipo de contido que se pode transferir depende do modelo
do dispositivo dende o que desexe transferir contido. Se o
outro dispositivo admite a sincronización, tamén será posible
sincronizar datos entre o outro dispositivo e o seu
dispositivo. O dispositivo notifícalle se o outro dispositivo
non é compatible.
Se o outro dispositivo non se pode acender sen unha tarxeta
SIM, pode inserir a súa tarxeta SIM nel. Ao acender o
dispositivo sen unha tarxeta SIM, o perfil Desconectado
actívase automaticamente.
Transferir contido
Para recuperar datos dende o outro dispositivo por primeira
vez:
1. Seleccione o tipo de conexión que desexa utilizar para
transferir os datos. Ámbolos dous dispositivos deben
admitir o tipo de conexión seleccionado.
2. Seleccione o dispositivo dende o que desexa transferir
contido. O teléfono solicitaralle que insira un código no
seu dispositivo. Insira un código (entre 1 e 16 díxitos) e
seleccione Aceptar. Insira o mesmo código no outro
dispositivo e seleccione Aceptar. Os dispositivos están
agora vinculados.
Nalgúns modelos, a aplicación Cambio envíase ao outro
dispositivo como unha mensaxe. Para instalar a
aplicación Cambio no outro dispositivo, abra a mensaxe
e siga as instrucións.
3. Dende o seu dispositivo, seleccione o contido que desexe
transferir dende o outro dispositivo.
O contido transfírese da memoria do outro dispositivo á
situación correspondente no seu dispositivo.
O tempo de transferencia depende da cantidade de datos que
se teñan que transferir. Pode cancelar a transferencia e
continuar máis tarde.
A sincronización é bidireccional e os datos nos dous
dispositivos son os mesmos. Se un elemento se elimina dun