Verbo do dispositivo
A utilización do dispositivo sen fíos descrito nesta guía está
aprobada en redes (E)GSM 850, 900, 1800 e 1900 e redes UMTS
900, 2100 HSDPA e HSUPA . Póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos para obter máis información acerca
das redes.
Cando utilice este dispositivo, respecte a lexislación e os
costumes locais, a intimidade e os dereitos lexítimos das
demais persoas, incluídos os dereitos de autor. A protección
de dereitos de autor pode evitar que algunhas imaxes,
música (incluídos tons de timbre) e outro contido se copie,
modifique ou transfira.
O dispositivo admite diversos métodos de conectividade. Do
mesmo xeito que os ordenadores, é posible que o dispositivo
estea exposto a virus e demais contido daniño. Teña
precaución coas mensaxes, solicitudes de conexión, buscas e
descargas. Unicamente instale e utilice servizos e software
obtidos de fontes fiables que ofrezan seguridade e protección
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
7
axeitada contra software daniño, como aplicacións que
pasasen o proceso de certificación Symbian Signed ou Java
Verified™. Considere a posibilidade de instalar programas
antivirus e demais software de seguridade no dispositivo e
nos ordenadores conectados.
É posible que o dispositivo dispoña de favoritos e ligazóns de
sitios web de terceiras partes preinstalados. Tamén é posible
acceder a outros sitios web de terceiras partes mediante o
dispositivo. Os sitios web de terceiras partes non teñen
ningún tipo de relación con Nokia, polo que Nokia non
asumirá ningunha responsabilidade correspondente a eles.
Se decide acceder ós sitios mencionados, deberá tomar
precaucións relacionadas coa seguridade ou cos contidos.
Aviso: Para utilizar as funcións deste dispositivo, a
excepción do espertador, é necesario que se atope acendido.
Non acenda o dispositivo en lugares nos que poida provocar
interferencias ou poida supoñer un perigo.
Efectúe copias de seguridade ou manteña rexistros escritos
da información importante almacenada no dispositivo.
Antes de efectuar a conexión a calquera outro dispositivo, lea
a guía de usuario para obter instrucións detalladas de
seguridade. Non conecte produtos non compatibles.
As imaxes amosadas nesta guía poden ser diferentes das que
aparecen na pantalla do seu dispositivo.
Consulte a guía de usuario para obter outra información
importante acerca do dispositivo.