Marcadores
Seleccione > Aplicacións > Marcadores.
Mediante os Marcadores, pode gardar no dispositivo a
información de posición de localizacións específicas. Pode
clasificar en diferentes categorías as localizacións gardadas,
como, por exemplo, negocios, e engadirlles máis
información, como, por exemplo, enderezos. Pode usar os
marcadores gardados en aplicacións compatibles, como
datos do GPS.
As coordenadas do GPS exprésanse co formato de graos e
graos decimais pertencente ao sistema de coordenadas
internacional WGS-84.
Seleccione Opcións e escolla entre as seguintes:
● Novo marcador — Cree un novo marcador Para efectuar
unha solicitude de posicionamento para a súa localización
actual, seleccione Posición actual. Para seleccionar unha
situación no mapa, seleccione Seleccionar no mapa. Para
inserir manualmente a información de posición,
seleccione Intro. manualmente.
● Editar — Edite ou engada información a un marcador
gardado (por exemplo, un enderezo dunha rúa).
● Engadir á categoría — Engada un marcador a unha
categoría nos Marcadores. Seleccione cada categoría á que
desexe engadir o marcador.
● Enviar — Envíe un ou varios marcadores a un dispositivo
compatible. Os marcadores recibidos gárdanse no cartafol
Caixa de entrada en Mensaxería.
Pode ordenar os marcadores en categorías prefixadas e crear
categorías novas. Para editar e crear novas categorías de
marcadores, abra a ficha de categorías e seleccione
Opcións > Editar categorías.