Indicadores da pantalla
O indicador GPS
amosa a dispoñibilidade dos
sinais de satélite. Cada barra representa un satélite. Cando o
dispositivo tenta atopar sinais de satélite, a barra amósase
en amarelo. Cando o dispositivo recibe bastantes datos dos
satélites para que o GPS calcule a súa situación, a barra
vólvese verde. Cantas máis barras verdes haxa, máis fiable
será o cálculo da posición.
Inicialmente, cómpre que o dispositivo reciba sinais de, polo
menos, catro satélites para calcular as coordenadas da súa
posición. Logo do cálculo inicial, abondará co sinal de tres
satélites.
O indicador de transferencia de datos
amosa a
conexión internet empregada e a cantidade de datos
transferidos desde que se iniciou a aplicación.