Acerca de Mapas
Con Mapas, pode ver a súa posición actual no mapa, explorar
mapas de diferentes cidades e países, buscar lugares, trazar
rutas desde unha posición a outra, gardar posicións e
envialas a dispositivos compatibles. Tamén pode mercar
licenzas para información de tráfico e servizos de navegación
dispoñibles para o seu país ou rexión.
Cando utilice Mapas por primeira vez, é posible que necesite
seleccionar un punto de acceso á Internet para a descarga de
mapas.
Se explora unha zona non incluída nos mapas que teña
descargados no teléfono, descargarase automaticamente un
mapa da zona por medio da Internet. Algúns mapas poden
estar dispoñibles na súa tarxeta de memoria ou dispositivo.
Tamén pode utilizarse o software Nokia Map Loader para
descargar mapas. Para obter información sobre como
instalar Nokia Map Loader nun ordenador compatible, visite
a páxina www.nokia.com/maps.
Suxestión: Para evitar as tarifas das transferencias de
datos, tamén pode empregar Mapas sen unha
conexión á Internet, e explorar os mapas que se atopan
gardados no seu dispositivo ou tarxeta de memoria.
Nota: A descarga de mapas pode implicar a
transmisión de grandes cantidades de datos a través da rede
do seu fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos para obter información acerca das
tarifas de transmisión de datos.
Case toda a cartografía dixital é imprecisa e está incompleta
ata certo punto. Nunca confíe só na cartografía descargada
para utilizarse neste dispositivo.
Para ver instrucións de como empregar as distintas funcións
de Mapas, seleccione > Aplicacións > Axuda >
Axuda e Mapas, ou se está a utilizar Mapas, seleccione
Opcións > Axuda > Axuda.