GPS asistido (A-GPS)
O seu dispositivo tamén admite o GPS asistido (A-GPS).
A-GPS é un servizo de rede.
Cando se activa o A-GPS, o dispositivo recibe información útil
por satélite dende un servidor de datos de asistencia a través
da rede móbil. Coa axuda dos datos de asistencia, o seu
dispositivo pode obter a localización do GPS de xeito más
rápido.
O dispositivo está configurado previamente para utilizar o
servizo A-GPS de Nokia, se non se atopan dispoñibles ningúns
axustes A-GPS dun fornecedor de servizos específico. Os datos
de asistencia recupéranse dende o servidor do servizo A-GPS
de Nokia só cando é necesario.
Para deshabilitar o servizo A-GPS, seleccione >
Aplicacións > Datos GPS e Opcións > Axustes
posicionamento > Métodos posicionamento > GPS
asistido > Desactivar.
Cómpre ter un punto de acceso á Internet definido no
dispositivo para recuperar os datos de asistencia do servizo
A-GPS de Nokia a través dunha conexión de paquetes de
datos. O punto de acceso para A-GPS pódese definir nos
Posicionamento
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
30
axustes de posicionamento. Só se pode utilizar un punto de
acceso á Internet de paquetes de datos. O dispositivo solicita
que seleccione o punto de acceso á Internet cando o GPS se
utiliza por primeira vez.