Guía de ruta
Seleccione
>
Aplicacións > Datos GPS e Navegación.
Posicionamento
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
32
Inicie a guía de ruta nun lugar ao aire libre. Se a inicia nun
lugar interior, pode que o receptor GPS non reciba a
información necesaria dos satélites.
A guía de ruta utiliza un compás xiratorio na pantalla do
teléfono. Un punto vermello amosa a dirección cara ao
destino, e a distancia aproximada amósase dentro do anel do
compás.
A guía de ruta serve para amosar a ruta máis directa e a
distancia máis curta ao seu destino, medidas en liña recta. Os
obstáculos que se atopan na ruta, como edificios e obstáculos
naturais non se teñen en conta. As diferenzas de altitude non
se teñen en conta cando se calcula a distancia. A guía de ruta
está activa só cando vostede se move.
Para axustar o destino da súa viaxe, seleccione Opcións >
Fixar destino e un marcador como o destino, ou insira as
coordenadas de latitude e lonxitude.
Para borrar o destino fixado para a súa viaxe, seleccione
Deter navegación.