Perfís
Seleccione > Axustes > Perfís.
Pode axustar e personalizar as sinais de chamada, os tons de
aviso e outros tons do dispositivo para distintos eventos,
contornos ou grupos de persoas que chaman. O perfil activo
amósase na parte superior da pantalla de inicio. Se o perfil
activo é Xeral só amosarase a data de hoxe.
Para crear un novo perfil, seleccione Opcións > Crear
novo e defina os axustes.
Para personalizar un perfil, seleccione un e Opcións >
Personalizar.
Para cambiar un perfil, seleccione un e Opcións > Activar.
O perfil Desconectado evita que, de forma accidental, o
dispositivo se acenda, envíe ou reciba mensaxes ou use a
conectividade Bluetooth, o GPS ou a radio FM; tamén pecha
as conexións da Internet que poden estar operativas ao
seleccionar o perfil. O perfil Desconectado non evita que
estableza unha conexión Bluetooth máis tarde, ou reiniciar o
GPS ou a radio FM, polo que cumpre cos requisitos de
seguridade aplicables ao establecer ou usar estas funcións.
Para facer que o perfil estea activo ata unha hora
determinada nas vindeiras 24 horas, desprácese ao perfil,
seleccione Opcións > Temporizado e fixe a hora. Cando se
supere a hora establecida, o perfil cambiará de novo ao perfil
sen límite de tempo activado anteriormente. Cando se
programa un perfil, amósase na pantalla de inicio. O perfil
Fóra de liña non se pode programar.
Para eliminar un perfil creado por vostede, seleccione
Opcións > Borrar perfil. Non se poden eliminar os perfís
predefinidos.
14. Xestión do tempo
Calendario
Seleccione > Axenda.