Pantalla de inicio
Unha vez acendido o dispositivo e rexistrado nunha rede, o
dispositivo atópase na pantalla de inicio e está listo para ser
usado.
Para abrir unha lista dos números máis marcados
recentemente, prema a tecla de chamada.
Para utilizar comandos de voz ou marcación por voz,
manteña premida a tecla de selección dereita.
Para cambiar o perfil, prema brevemente a tecla de acendido
e seleccione un perfil.
Para abrir unha conexión á web, manteña premida a tecla
0.
Para activar ou desactivar a conectividade Bluetooth,
manteña premido *.
Para modificar a pantalla de inicio, seleccione >
Axustes > Axustes e Xeral > Personalización > Modo
en espera e escolla unha das opcións dispoñibles.