Códigos de acceso
Seleccione
>
Axustes > Axustes.
Para definir como desexa que o seu teléfono empregue os
códigos de acceso e os axustes de seguridade, seleccione
Xeral > Seguridade > Teléfono e tarxeta SIM e entre as
seguintes opcións:
● O código PIN (UPIN) fornecido coa tarxeta SIM (USIM),
axuda a protexer contra o uso non autorizado da tarxeta.
● O código PIN2 (UPIN2) fornecido con algunhas tarxetas SIM
(USIM), requírese para acceder a determinados servizos.
● Os códigos PUK (UPUK) e PUK2 (UPUK2) poden ser
fornecidos coa tarxeta SIM (USIM). Si insire o código PIN de
xeito incorrecto tres veces seguidas, solicitaráselle que
insira o código PUK. Se non se fornecen os códigos, póñase
en contacto co seu fornecedor de servizos.
● O código de seguridade axúdalle a protexer o teléfono
contra o uso non autorizado. Pode crear e cambiar o
código e axustar o teléfono para solicitar o código. Garde
o código nun lugar secreto e seguro lonxe do teléfono. Se
esquece o código e o seu teléfono está bloqueado, o
teléfono requirirá asistencia técnica e é posible que se
apliquen tarifas adicionais. Para obter máis información,
póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.
● O contrasinal de restrición requírese cando se emprega o
servizo de restrición de chamadas para restrinxir as
O dispositivo
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
17
chamadas recibidas ou efectuadas dende o teléfono
(servizo de rede).