Escribir e enviar mensaxes
Seleccione > Mensaxería.
Importante: Teña precaución ao abrir as mensaxes,
xa que é posible que conteñan software nocivo ou daniño
para o dispositivo ou o ordenador.
Antes de crear unha mensaxe multimedia ou de escribir un
correo electrónico debe ter os axustes de conexión correctos.
É posible que a rede sen fíos limite o tamaño das mensaxes
MMS. Se a imaxe inserida excede este límite, o dispositivo
pode reducila para que se poida enviar por MMS.
Comprobe o tamaño máximo das mensaxes de correo
electrónico co fornecedor de servizos. Se intenta enviar unha
mensaxe de correo electrónico que excede o tamaño máximo
do servidor de correo, a mensaxe permanece na carpeta Caixa
de saída e o dispositivo intenta reenvialo periodicamente.
Para enviar un correo electrónico cómpre ter unha conexión
de datos, e os intentos repetidos de enviar o correo pódenlle
subir a factura telefónica. Na carpeta Caixa de saída pode
borrar a mensaxe ou movela á carpeta Borradores.
1. Seleccione Nova mensaxe > Mensaxe para enviar unha
mensaxe de texto ou multimedia (MMS), Mensaxe
audio para enviar unha mensaxe multimedia que inclúa
un clip de son ou Correo para enviar unha mensaxe de
correo electrónico.
2. No campo Para, prema a tecla de desprazamento para
seleccionar os destinatarios ou os grupos da lista de
contactos ou introduza o número ou o enderezo de correo
electrónico dos destinatarios. Para engadir un punto e
coma (;) coa fin de separar os destinatarios, prema *.
Tamén pode copiar e pegar o número ou o enderezo do
portapapeis.
Mensaxería
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
36
3. Introduza o tema do correo electrónico no campo de
tema. Para cambiar os campos visibles, seleccione
Opcións > Campos de enderezo.
4. Escriba a mensaxe no campo de mensaxe. Para inserir un
modelo ou unha nota, seleccione Opcións > Inserir
contidos > Inserir texto > Modelo ou Nota.
5. Para engadir un ficheiro multimedia a unha mensaxe
multimedia, seleccione Opcións > Inserir contidos, o
tipo de ficheiro ou o directorio onde se encontra e
seleccione o ficheiro que queira. Para inserir unha tarxeta
de visita, unha diapositiva, unha nota ou calquera outro
ficheiro na mensaxe, seleccione Opcións > Inserir
contidos > Inserir outros.
6. Para facer unha foto ou gravar un vídeo ou un clip de son
para unha mensaxe multimedia, seleccione Opcións >
Inserir contidos > Inserir imaxe > Nova, Inserir
videoclip > Novo ou Inserir clip de son > Novo.
7. Para inserir un engadido ao correo electrónico, seleccione
Opcións e o tipo de ficheiro que quere achegar. Os
engadidos do correo electrónico indícanse con .
8. Para enviar a mensaxe, seleccione Opcións > Enviar ou
prema a tecla Chamar.
Nota: O texto ou a icona de mensaxe enviada que
aparece na pantalla do dispositivo non indican se se recibiu
a mensaxe no destino desexado.
O dispositivo admite mensaxes de texto de lonxitude
superior ao límite para as mensaxes simples. As mensaxes
que superan ese límite envíanse como dúas ou máis
mensaxes. O seu fornecedor de servizos aplicará unha tarifa
correspondente ao número de mensaxes enviadas. Os
caracteres con acentos e outros signos de puntuación, e os
caracteres correspondentes a determinados idiomas ocupan
máis espazo e limitan o número de caracteres que é posible
enviar nunha mensaxe.
É posible que non poida enviar videoclips gardados no
formato de ficheiro MP4 nin se exceden o límite de tamaño
da rede sen fíos nunha mensaxe multimedia.