Enviar mensaxes de correo
Seleccione > Mensaxería.
1. Seleccione a súa caixa de correo e Opcións > Nova
mensaxe.
2. No campo Para:, introduza o enderezo de correo do
destinatario. Se o enderezo se atopa en Contactos,
comece a escribir o nome do destinatario e seleccione o
destinatario entre as coincidencias propostas. Se engade
varios destinatarios, insira ; para separar os enderezos de
correo. Empregue o campo CC para enviar unha copia a
outros destinatarios, ou o campo CCO para enviar unha
copia oculta aos destinatarios. Se o campo CCO non está
visible, seleccione Opcións > Máis > Amosar o campo
CCO.
3. No campo Asunto, insira o asunto do correo electrónico.
4. Introduza a mensaxe no espazo para o texto.
5. Seleccione Opcións e escolla entre as seguintes:
● Engadir anexo — Engada un anexo á mensaxe.
● Prioridade — Estableza a prioridade da mensaxe.
● Bandeira — Coloque unha bandeira na mensaxe para
o seu seguimento.
● Inserir modelo — Insera texto dende un modelo.
● Engadir destinatario — Engada destinatarios de
Contactos.
● Opcións de edición — Corte, copie ou pegue o texto
seleccionado.
● Idioma escritura: — Seleccione o idioma de escritura.
6. Seleccione Opcións > Enviar.