Descarga de anexos
Seleccione > Mensaxería e unha caixa de correo.
Para ver os anexos dunha mensaxe recibida, desprácese ata
o campo de anexos e seleccione Opcións > Accións. Se a
mensaxe contén un anexo, seleccione Abrir para abrilo. Se
contén varios anexos, seleccione Ver lista para ver unha lista
cos anexos que foron ou non foron descargados.
Para descargar no seu dispositivo o anexo elixido ou todos
os anexos da lista, seleccione Opcións > Descargar ou
Descargar todos. Os anexos non se gardan no dispositivo e
desaparecen cando se elimina a mensaxe.
Para gardar no seu dispositivo o anexo seleccionado ou todos
os anexos descargados, seleccione Opcións > Gardar ou
Gardar todos.
Para abrir o anexo seleccionado e descargado, seleccione
Opcións > Accións > Abrir.