Configurar o correo electrónico
Co asistente de correo de Nokia pode configurar a súa conta
de correo corporativa (por exemplo, Microsoft Outlook, Mail
for Exchange ou Intellisync) e a súa conta de correo de
Internet.
Cando configure o seu correo corporativo, é posible que lle
pidan o nome do servidor asociado co seu enderezo de correo
electrónico. Consulte os detalles co departamento de
informática da súa empresa.
1. Para iniciar o asistente, vaia á pantalla de inicio,
desprácese ata o asistente de correo e prema a tecla de
desprazamento.
2. Introduza o seu enderezo de correo electrónico e o
contrasinal. Se o asistente non pode configurar
automaticamente os axustes de correo, terá que
seleccionar o tipo de conta e introducir os axustes de
conta relacionados.
Mensaxería
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
37
Se o seu dispositivo contén clientes de correo adicionais,
aparecerán cando inicie o asistente de correo.