Seleccione > Mensaxería.
En Mensaxería (servizo de rede), pode enviar e recibir
mensaxes de texto, multimedia, de son e de correo
electrónico. Tamén pode enviar comandos de servizos ou
recibir mensaxes de servizos web, mensaxes de información
de cela e mensaxes especiais de datos.
Os tipos de mensaxes dispoñibles poden variar. Para obter
máis información, póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos.
Pode que antes de enviar ou recibir mensaxes, teña que facer
o seguinte:
Mensaxería
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
35
● Inserir unha tarxeta SIM válida no dispositivo e estar
situado dentro dunha zona de cobertura.
● Verificar que a rede admite as funcións de mensaxería que
desexa empregar e que esas funcións están activadas na
tarxeta SIM.
● Definir no dispositivo os axustes do punto de acceso a
internet.
● Definir no dispositivo os axustes da conta de correo.
● Definir no dispositivo os axustes das mensaxes de texto.
● Definir no dispositivo os axustes das mensaxes
multimedia.
É posible que o dispositivo recoñeza ao fornecedor da tarxeta
SIM e configure automaticamente algúns dos axustes para as
mensaxes. Se non, quizais necesite definir os axustes
manualmente; tamén pode poñerse en contacto co seu
fornecedor de servizos para configurar os axustes.
É posible que a aparencia das mensaxes varíe en función do
dispositivo de recepción.
Só os dispositivos que dispoñen de funcións compatibles
poden recibir e visualizar mensaxes multimedia. É posible
que a aparencia das mensaxes varíe en función do dispositivo
de recepción.