Say and Play
Mediante Say and Play, pode comezar a reproducir a música
que desexa pronunciando, por exemplo, o nome do artista.
Para iniciar a aplicación Say and Play, seleccione >
Aplicacións > Busca músic.. Cando soe o ton, pronuncie o
nome do artista, o nome do artista e o título da canción, o
título do álbum ou o título da lista de reprodución. Manteña
o dispositivo a aproximadamente 20 cm (8 polgadas) da súa
boca e fale empregando un ton normal. Non cubra o
micrófono do dispositivo coa man.
Cando empregue Say and Play por primeira vez e despois de
descargar cancións novas no dispositivo, para actualizar os
comandos de voz, seleccione Opcións > Actualizar.
Os comandos de voz baséanse nos metadatos (nome do
artista e título da canción) das cancións do dispositivo. Say
and Play admite dous idiomas: o inglés e o idioma
seleccionado como idioma do dispositivo. O idioma escrito
dos metadatos das cancións debe ser o inglés ou coincidir co
idioma seleccionado como idioma do dispositivo.
Suxestión: Para mellorar a precisión da busca,
empregue os comandos de voz para a marcación. O
marcador adáptase á súa voz e emprégaa tamén para
a busca de música.