Escoitar a radio
Seleccione
>
Aplicacións > Radio.
A radio FM utiliza unha antena distinta da antena sen fíos do
dispositivo. Para que a radio FM funcione correctamente,
cómpre dispoñer dun ML portátil ou un accesorio compatible
conectado ao dispositivo.
Aviso: Escoite música a un volume moderado. A
exposición continua a niveis elevados de volume pode danar
a súa capacidade auditiva. Non suxeite o dispositivo preto do
seu oído co altofalante activado, xa que o son podería
emitirse a un nivel de volume extremadamente elevado.
Música
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
29
A calidade da emisión de radio depende do nivel de cobertura
da emisora de radio nesa zona concreta.
É posible facer chamadas ou responder chamadas entrantes
mentres escoita a radio. A son da radio desactívase cando hai
unha chamada activa.
Para iniciar a busca dunha emisora, seleccione
ou
.
Se gardou as emisoras de radio no seu dispositivo, diríxase á
seguinte emisora gardada ou á anterior, e seleccione ou
.
Seleccione Opcións e escolla entre as seguintes:
● Activar o altofalante — Escoite a radio mediante o
altofalante.
● Sintonización manual — Cambie a frecuencia de xeito
manual.
● Directorio de emisoras — Vexa as emisoras dispoñibles
segundo o lugar (servizo de rede).
● Gardar emisora — Garde a emisora sintonizada
actualmente na lista de emisoras.
● Emisoras — Abra a lista de emisoras gardadas.
● Reproducir en 2º plano — Volver á pantalla de inicio
mentres escoita de fondo a radio FM.
6. Posicionamento
Acerca do GPS
As coordenadas do GPS exprésanse co formato de graos e
graos decimais pertencente ao sistema de coordenadas
internacional WGS-84.
Nos axustes de posicionamento pódense habilitar ou
deshabilitar os diferentes métodos de posicionamento.
GPS asistido (A-GPS)
O seu dispositivo tamén admite o GPS asistido (A-GPS).
A-GPS é un servizo de rede.
Cando se activa o A-GPS, o dispositivo recibe información útil
por satélite dende un servidor de datos de asistencia a través
da rede móbil. Coa axuda dos datos de asistencia, o seu
dispositivo pode obter a localización do GPS de xeito más
rápido.
O dispositivo está configurado previamente para utilizar o
servizo A-GPS de Nokia, se non se atopan dispoñibles ningúns
axustes A-GPS dun fornecedor de servizos específico. Os datos
de asistencia recupéranse dende o servidor do servizo A-GPS
de Nokia só cando é necesario.
Para deshabilitar o servizo A-GPS, seleccione >
Aplicacións > Datos GPS e Opcións > Axustes
posicionamento > Métodos posicionamento > GPS
asistido > Desactivar.
Cómpre ter un punto de acceso á Internet definido no
dispositivo para recuperar os datos de asistencia do servizo
A-GPS de Nokia a través dunha conexión de paquetes de
datos. O punto de acceso para A-GPS pódese definir nos