Inserción dunha tarxeta de memoria
É posible que a tarxeta de memoria veña subministrada co
dispositivo e que xa estea inserida.
1. Abra a tapa da rañura para a tarxeta de memoria (1).
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
9
2. Coloque a tarxeta na rañura coa
superficie de contacto mirando
cara abaixo (2).
3. Empuxe suavemente a tarxeta
para encaixala no sitio. Peche a
tapa da rañura (3).
Utilice só tarxetas microSD compatibles
homologadas por Nokia con este dispositivo.
Nokia emprega estándares do sector autorizados
para as tarxetas de memoria, pero é posible que algunhas
marcas non sexan completamente compatibles co
dispositivo. A utilización de tarxetas non compatibles pode
danar a tarxeta e o dispositivo, e danar os datos almacenados
na tarxeta.