Cargar a batería
A batería ven cargada parcialmente de fábrica. Se o
dispositivo indica que o nivel de carga da batería é baixo, faga
o seguinte:
1. Conecte o cargador a unha toma da parede.
2. Conecte o cargador ao dispositivo.
3. Cando a batería se atope completamente cargada,
desconecte o cargador do dispositivo e, a continuación,
da toma da parede.
Non é preciso cargar a batería durante un período de tempo
específico e é posible utilizar o dispositivo mentres se está a
cargar. Se a batería está completamente descargada, é
posible que teña que esperar varios minutos para poder
efectuar chamadas e para poder visualizar o indicador de
carga na pantalla.
Suxestión: Se ten algún cargador Nokia vello
compatible pode empregalo co seu dispositivo
mediante o adaptador CA-44 para cargadores. O
adaptador véndese por separado.
Carga por USB
É posible utilizar a carga por USB cando non estea dispoñible
unha toma da parede. Cargar o dispositivo co cable de datos
Introdución
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
10
USB leva máis tempo. A eficacia da carga mediante USB varía
significativamente. Nalgúns casos, é posible que a carga
tarde moito tempo en iniciarse e que o dispositivo tarde
moito tempo en comezar a funcionar.
Coa carga por USB, tamén é posible transferir datos mediante
o cable de datos USB mentres carga o dispositivo.
1. Conecte un dispositivo USB compatible ao seu dispositivo
mediante un cable de datos USB compatible.
En función do tipo de dispositivo que se empregue para
efectuar a carga, é posible que a carga tarde uns intres en
iniciarse.
2. Ao acender o dispositivo, seleccione unha das opcións
dispoñibles do modo USB na pantalla do dispositivo.