
Axustes de configuración
Para poder usar a mensaxería multimedia, o correo
electrónico, a sincronización, o streaming e o explorador,
primeiro debe configurar correctamente os axustes no seu
dispositivo. O seu dispositivo pode configurar
automaticamente o explorador, a mensaxería multimedia, o
punto de acceso e os axustes de streaming segundo a tarxeta
SIM empregada. Se non, pode utilizar o Asistente de axustes
para configurar os axustes. É posible recibir os axustes en
Introdución
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
11

forma de mensaxe de configuración que poderá gardar no
seu dispositivo. Para obter máis información sobre a
dispoñibilidade, contacte co seu fornecedor de servizos ou co
distribuidor Nokia autorizado máis próximo.
Cando recibe unha mensaxe de configuración e os axustes
non se gardan e activan automaticamente, en pantalla
aparece 1 mensaxe nova. Para gardar os axustes, seleccione
Amosar > Opcións > Gardar. É posible que sexa necesario
introducir un código PIN subministrado polo fornecedor de
servizos.