Acendido e apagado do dispositivo
Manteña premida a tecla de
acendido para acender e apagar
o dispositivo. Prema a tecla de
acendido brevemente para
finalizar unha chamada ou para
pechar unha aplicación.
Cando o dispositivo lle solicite o
código PIN, introdúzao e
seleccione Aceptar.
Cando o dispositivo lle solicite o
código de bloqueo, introdúzao e
seleccione Aceptar. O código de
bloqueo que vén de fábrica é
12345.
Para editar o fuso horario, a hora e a data, seleccione o país
no que se atopa e despois introduza a hora e data locais.