Seguridade da conexión
Se o indicador de seguridade ( ) se amosa durante unha
conexión, significa que a transmisión de datos entre o
dispositivo e a pasarela da Internet ou o servidor está cifrada.
A icona de seguridade non indica se a transmisión de datos
entre a pasarela e o servidor de contidos (ou se a localización
onde se atopa almacenado o recurso solicitado) é segura. O
fornecedor de servizos protexe a transmisión de datos entre
a pasarela e o servidor de contido.
É posible que sexa necesario dispoñer de certificados de
seguridade nalgúns servizos, como os servizos de banca. Se
a identidade do servidor non é auténtica ou se non dispón do
certificado de seguridade correcto no teléfono, recibirá unha
notificación. Para obter máis información, póñase en
contacto co seu fornecedor de servizos.
Importante: Aínda que o uso de certificados reduce
considerablemente os riscos relacionados coas conexións
remotas e as instalacións de software, cómpre utilizalos
correctamente para beneficiarse do aumento da seguridade.
A existencia dun certificado non ofrece protección por si
mesmo. O administrador do certificado debe dispoñer de
certificados correctos, auténticos ou fiables para poder
aumentar a seguridade. Os certificados teñen data de
caducidade. Se se amosa "Certificado caducado" ou "O
certificado non é válido", incluso no caso de que o certificado
debera ser válido, comprobe que a hora e a data do
dispositivo son correctas.
Antes de modificar os axustes dos certificados, cómpre
asegurarse de que o propietario do certificado é realmente
fiable e que pertence realmente ao propietario facilitado.