Internet
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
43
Para navegar pola web, seleccione un favorito na vista de
favoritos ou introduza os primeiros caracteres do enderezo
web (o campo ábrese automaticamente) e seleccione Ir
a.
Algunhas páxinas web poden conter materiais, como gráficos
e sons, que requiren dispoñer dunha gran cantidade de
memoria para poder ser visualizadas. Se se esgota a memoria
do teléfono mentres carga unha páxina web deste tipo, non
se amosarán os gráficos da páxina.
Para navegar por páxinas web cos gráficos desactivados para
aforrar memoria e aumentar a velocidade de carga da páxina,
seleccione Opcións > Axustes > Páxina > Cargar
contido > Só texto.
Para introducir un enderezo web, seleccione Opcións > Ir
a > Nova páxina web.
Suxestión: Para visitar unha páxina web gardada
como favorito na vista de favoritos, mentres navega,
prema 1 e seleccione un favorito.
Para actualizar o contido da páxina web, seleccione
Opcións > Opcións de páxina web > Recargar.
Para gardar o enderezo web da páxina actual como favorito,
seleccione Opcións > Opcións de páxina web > Gardar
como favorito.
Para ver instantáneas das páxinas web visitadas durante a
sesión actual, seleccione Atrás (dispoñible se a Lista de
historial está activada nos axustes do navegador e a páxina
web actual non é a primeira que visita).
Para permitir ou impedir a apertura automática de varias
fiestras, seleccione Opcións > Opcións de páxina web >
Bloq. fiestras emerx. ou Permit. fiestras emer..
Para ver a lista de teclas de atallo, seleccione Opcións >
Atallos teclado. Para editar as teclas de atallo, seleccione
Editar.
Suxestión: Para minimizar o navegador sen saír da
aplicación nin finalizar a conexión, prema unha vez a
tecla Rematar. Para finalizar a conexión, prema e
manteña pulsada a tecla Rematar.