Ficheiros Ovi
Con Ficheiros Ovi, pode usar o seu dispositivo para acceder
ao contido do seu ordenador se está acendido e conectado á
Internet. Precisará instalar a aplicación Ficheiros Ovi en todos
os ordenadores aos que desexe acceder mediante Ficheiros
Ovi.
Mediante a aplicación Ficheiros Ovi, é posible levar a cabo o
seguinte:
● Explorar, buscar e ver as súas imaxes. Non é preciso que
cargue as imaxes nun sitio web; co seu dispositivo móbil
pode acceder ao contido do seu ordenador.
● Explorar, buscar e ver os seus ficheiros e documentos. Non
precisa ningunha aplicación especial no seu dispositivo.
● Descargar cancións dende o seu ordenador ao seu
dispositivo. Despois poderá escoitar as cancións no
reprodutor de música como faría normalmente.
● Enviar ficheiros e cartafoles dende o seu ordenador sen ter
que movelos primeiro ao seu teléfono.
● Acceder a ficheiros do seu ordenador incluso cando estea
apagado. Seleccione os cartafoles e ficheiros que desexe
que estean dispoñibles, e Ficheiros Ovi almacenará
automaticamente unha copia actualizada nunha
localización de almacenaxe en liña protexida.
Para instalar Ficheiros Ovi:
1. Seleccione > Aplicacións e Ficheiros Ovi.
2. Lea a información e seleccione Continuar.
3. Seleccione o campo Correo electrónico e insira o seu
enderezo de correo electrónico.
4. Seleccione Feito.
5. Seleccione Enviar. O servizo Ficheiros Ovi envíalle un
correo con información para que poida comezar.
Se desexa obter asistencia técnica, consulte a páxina
files.ovi.com/support.