Subscrición aos servizos
Seleccione > Aplicacións > Comp. liña.
Para subscribirse a un servizo de uso compartido en liña,
acceda ao sitio web do fornecedor de servizos e comprobe
que o teléfono sexa compatible co devandito servizo. Cree
unha conta seguindo as instrucións que se indican no sitio
web. Recibirá un nome de usuario e un contrasinal necesarios
para configurar o seu dispositivo coa conta.
1. Para activar un servizo, abra a aplicación Compartir en liña
do seu dispositivo, seleccione un servizo e Opcións >
Activar.
2. Permita ao dispositivo crear unha conexión de rede. Se se
lle solicita indicar un punto de acceso á Internet,
seleccione un da lista seguinte.
3. Siga as instrucións indicadas no sitio web do fornecedor
de servizos para iniciar sesión na súa conta.
Os servizos de Nokia no servizo de uso compartido en liña son
de balde. A transferencia de datos a través da rede pode
implicar a aplicación de tarifas do seu fornecedor de servizos.
Para obter información acerca da dispoñibilidade e custos
dos servizos de terceiros e dos custos da transferencia de
datos, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos ou
cun terceiro.