Ver e descargar videoclips
Conectarse aos servizos de vídeo
1. Seleccione > Aplicacións > Centro víd..
2. Para conectarse a un servizo para instalar servizos de
vídeo, seleccione Directorio vídeo e o servizo de vídeo
desexado no catálogo de servizos.
Suxestión: É posible acceder aos servizos de vídeo na
ficha TV & vídeo no menú multimedia.
Ver un videoclip
Para buscar o contido de servizos de vídeo instalados,
seleccione Fontes de vídeo.
O contido dalgúns servizos de vídeo está dividido en
categorías. Para examinar videoclips, seleccione unha
categoría.
Para buscar un videoclip no servizo, seleccione Busca de
vídeos. É posible que a busca non estea dispoñible en tódolos
servizos.
Algúns clips de vídeo pódense transmitir por secuencias
mediante unha conexión polo aire, pero outros cómpre
descargalos primeiro ao dispositivo. Para descargar un
videoclip, seleccione Opcións > Descargar. As descargas
continúan en segundo plano se sae da aplicación. Os
videoclips descargados gárdanse en Os meus vídeos.
Para transmitir por secuencias un videoclip ou para ver un
descargado, seleccione Opcións > Reproducir. Cando a
reprodución do videoclip está en marcha, use as teclas de
selección e a tecla de desprazamento para controlar o
reprodutor. Para axustar o volume, use a tecla de volume.
Internet
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
48
Aviso: Escoite música a un volume moderado. A
exposición continua a niveis elevados de volume pode danar
a súa capacidade auditiva.
Seleccione Opcións e escolla entre as seguintes:
● Proseguir descarga — Continuar unha descarga en
pausa ou con erros.
● Cancelar descarga — Cancelar unha descarga.
● Vista previa — Ver unha vista previa dun videoclip.
● Detalles da fonte — Ver información sobre un videoclip.
● Actualizar lista — Actualice a lista de videoclips.
● Abrir enlace no explor. — Abrir un enlace no navegador
web.
Programar descargas
A configuración da aplicación para descargar videoclips
automaticamente pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos a través da rede do seu fornecedor de
servizos. Para obter información verbo das tarifas de
transmisión de datos, póñase en contacto co seu fornecedor
de servizos. Para programar unha descarga automática de
videoclips nun servizo, seleccione Opcións > Programar
descargas. O Video centre descarga automaticamente
videoclips novos diariamente á hora que estableza.
Para cancelar descargas programadas, seleccione Descarga
manual como o método de descarga.