Buscar
Seleccione
>
Procura.
Buscar permítelle empregar distintos servizos de busca
baseados na Internet para atopar certos servizos e conectarse
a eles, por exemplo, servizos locais, sitios web e imaxes. O
contido e a dispoñibilidade dos servizos pode variar.
13. Personalización
Temas
Cambie o tema da pantalla
Seleccione > Axustes > Temas.
Para cambiar o tema usado en todas as aplicacións,
seleccione Xeral.
Para cambiar o tema usado no menú principal, seleccione
Vista Menú.
Para cambiar o tema usado na pantalla principal, seleccione
Tema en espera.
Para cambiar a imaxe de fondo da pantalla de inicio,
seleccione Fondo.
Para seleccionar unha animación para o salvapantallas,
seleccione Aforro enerxía.
Para activar ou desactivar os efectos do tema, seleccione
Xeral > Opcións > Efectos do tema.