Acerca de Fotos
Seleccione > Galería > Imaxes e vídeos e escolla entre
as seguintes:
● Capturadas — Ver todas as imaxes e vídeos que capturou.
● Meses — Ver imaxes e vídeos ordenados en categorías
polo mes no que foron capturados.
● Álbums — Ver os álbums predeterminados e os que
creou.
● Etiquetas — Ver as etiquetas que creou para cada
elemento.
● Descargas — Ver elementos e vídeos descargados da web
ou recibidos como mensaxe multimedia ou de correo
electrónico.
● Todos — Ver todos os elementos.
● Comp. liña — Enviar imaxes ou vídeos á web.
Os ficheiros que están gardados na tarxeta de memoria
compatible (se está inserida) indícanse mediante
.
Para copiar ou mover ficheiros a outra localización da
memoria, seleccione un ficheiro, Opcións > Mover e
copiar e escolla entre as opcións dispoñibles.
11. Cámara
Captura dunha imaxe
Para activar a cámara, prema de xeito prolongado a tecla de
captura. Cando se activa a cámara, a pantalla xira
automaticamente e sitúase en modo paisaxe.
Para capturar unha imaxe, use a pantalla como visor e prema
a tecla de captura. O dispositivo garda a imaxe na Galería.
Para ampliar ou reducir a imaxe antes de capturala, use as
teclas de volume.
A barra de ferramentas dispón de accesos directos a distintos
elementos e axustes aos que pode acceder antes e despois
de capturar imaxes ou gravar un vídeo. Seleccione unha das
opcións seguintes:
Permite alternar entre o modo de vídeo e de imaxe.
Permite seleccionar a escena.
Permite activar ou desactivar a luz do vídeo (só en modo
de vídeo).
Permite seleccionar o modo flash (só en imaxes).
Permite activar o temporizador automático (só en
imaxes).