Realizar unha videochamada
Aviso: Non suxeite o dispositivo preto do seu oído co
altofalante activado, xa que o son podería emitirse a un nivel
de volume extremadamente elevado.
Para facer unha videochamada, introduza o número de
teléfono ou seleccione o destinatario en contactos e
Opcións > Chamar > Videochamada. Cando comece a
videochamada, a cámara do dispositivo actívase. Se a cámara
xa se está a usar, o envío de vídeo queda desactivado. Se o
destinatario da chamada non quere que vostede vexa o seu
vídeo, en vez do vídeo amosarase unha imaxe fixa. Para
definir a imaxe fixa (que substitúe ao vídeo) enviada dende
o seu dispositivo, seleccione > Axustes > Axustes e
Teléfono > Chamadas > Imaxe en videochamada.
Para desactivar o envío de son, vídeo, ou son e vídeo,
seleccione Opcións > Desactivar > Envío de audio, Envío
de vídeo, ou Envío de audio e vídeo.
Para axustar o volume durante unha videochamada, use as
teclas de volume.
Para usar o altofalante, seleccione Opcións > Activar o
altofalante. Para silenciar o altofalante e usar o auricular,
seleccione Opcións > Activar teléfono.
Para trocar os lugares das imaxes, seleccione Opcións >
Cambiar as imaxes.
Para cambiar o tamaño da imaxe en pantalla, seleccione
Opcións > Zoom e desprácese arriba e abaixo.
Para rematar unha videochamada e facer unha chamada de
voz ao mesmo destinatario, seleccione Opcións > Cambiar
a chamada voz.