Requisitos de compartir vídeo
A opción de compartir vídeo require a utilización dunha
conexión UMTS. Para obter máis información sobre o servizo,
a dispoñibilidade da rede UMTS e as tarifas asociadas co uso
deste servizo, póñase en contacto co fornecedor do servizo.
Para utilizar a función de compartir vídeo cómpre facer o
seguinte:
● Asegúrese de que o dispositivo estea configurado para
establecer conexións persoa con persoa.
● Asegúrese de dispoñer dunha conexión UMTS activa e de
que se atopa dentro da zona de cobertura de rede UMTS.
Se se desplaza fóra da zona de cobertura da rede UMTS
durante unha sesión de compartir vídeo, o uso compartido
finalizará mentres continúa a súa chamada de voz.
● Asegúrese de que tanto o remitente como o destinatario
se atopan rexistrados na rede UMTS. Se convida a alguén
a unha sesión para compartir contidos e o dispositivo do
destinatario non se atopa dentro da zona de cobertura de
rede UMTS, non dispón da función para compartir vídeo
instalada ou non configurou as conexións persoa con
persoa, o destinatario non recibirá as invitacións. Nese
caso, recibirá unha mensaxe de erro que lle indicará que
o destinatario non pode aceptar a invitación.