
Realizar unha conferencia
1. Para facer unha conferencia, introduza o número de
teléfono do participante e prema a tecla chamar.
2. Cando o participante responda, seleccione Opcións >
Nova chamada.
3. Cando acabe de chamar a todos os participantes,
seleccione Opcións > Conferencia para fusionar as
chamadas nunha conferencia.
Para silenciar o micrófono do seu dispositivo durante a
chamada, seleccione Opcións > Silenciar.
Para excluír a un participante dunha conferencia, desprácese
ata o participante e seleccione Opcións > Conferencia >
Excluír participante.
Para falar en privado cun participante da conferencia,
desprácese ata o participante e seleccione Opcións >
Conferencia > Privada.