Marcado por voz
Efectúe chamadas de voz pronunciando o nome que se atopa
gardado na lista de contactos.
Nota: A utilización de etiquetas de voz pode resultar
difícil en contornos con ruído ou durante unha urxencia, polo
tanto, non debe confiar unicamente na marcaxe por voz en
todas as circunstancias.
Funcións de chamada
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
22
1. Na pantalla de inicio, manteña premida a tecla de
selección dereita. Escoitarase un ton breve e na pantalla
aparecerá Fale agora.
2. Pronuncie o nome do contacto que desexe marcar. Se o
recoñecemento de voz se efectúa correctamente,
amosarase unha lista coas coincidencias propostas. O
teléfono reproducirá o comando de voz do primeiro
resultado que apareza na lista. Se o comando non é o
correcto, desprácese a outra entrada.