Restrición de chamadas
Seleccione > Axustes > Axustes e Teléfono >
Restricións.
É posible restrinxir as chamadas feitas ou recibidas co
dispositivo (servizo de rede). Para cambiar os axustes,
necesita obter o contrasinal de restrición do seu fornecedor
de servizos. A restrición de chamadas afecta a todos os tipos
de chamadas.
O desvío e restrición de chamadas non poden estar activos ao
mesmo tempo.
Cando as chamadas están restrinxidas, pode que sexa posible
efectuar chamadas a determinados números de urxencia
oficiais.
Para restrinxir chamadas, seleccione entre as seguintes
opcións:
● Chamadas saíntes — Para impedir facer chamadas de
voz co seu dispositivo.
● Chamadas entrantes — Para evitar as chamadas
entrantes.
● Chamadas internacionais — Para impedir as chamadas
a países estranxeiros.
● Chamadas entrantes en itinerancia — Para evitar as
chamadas entrantes cando se atope fóra do seu país.
● Chamadas internacionais, agás ao país propio — Con
esta opción evítanse as chamadas a países estranxeiros,
mais é posible facer chamadas ao seu país.
Para comprobar o estado da restrición de chamadas de voz,
seleccione a opción de restrición e Opcións > Comprobar
estado.
Para desactivar todas as restricións de chamadas, seleccione
unha opción de restrición e Opcións > Desactivar todas
restric..