Nokia 6730 classic - Desviar chamadas

background image

Desviar chamadas

Seleccione

>

Axustes > Axustes e Teléfono >

Desvíos.
Desviar chamadas entrantes á súa caixa de correo de voz ou

a outro número de teléfono. Para obter máis información,

póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.
Seleccione o tipo de chamadas a desviar e escolla entre as

seguintes opcións:
Se está ocupado — Desviar as chamadas entrantes cando

ten unha chamada en curso.

Se non responde — Desviar chamadas entrantes despois

de que o seu dispositivo soe durante un tempo

determinado. Seleccione a cantidade de tempo que soa o

dispositivo antes de desviar a chamada.

Se fóra de cobertura — Desviar chamadas cando o

dispositivo está desconectado ou fóra da cobertura da

rede.

Se non está dispoñible — Desviar chamadas se ten unha

chamada en curso, se vostede non responde ou o

dispositivo está desconectado ou fóra de cobertura.

Para desviar chamadas á súa caixa de correo de voz,

seleccione un tipo de chamada, unha opción de desvío, e

Opcións > Activar > Á caixa de correo de voz.
Para desviar chamadas a outro número de teléfono,

seleccione un tipo de chamada, unha opción de desvío, e

Opcións > Activar > A outro número. Introduza o número

ou seleccione Buscar para buscar un número gardado en

Contactos.

Funcións de chamada

© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.

25

background image

Para comprobar o estado actual dos desvíos, desprácese ata

a opción de desvío e seleccione Opcións > Comprobar

estado.
Para desactivar o desvío de chamadas, desprácese ata a

opción de desvío e seleccione Opcións > Desactivar.