Desviar chamadas
Seleccione
>
Axustes > Axustes e Teléfono >
Desvíos.
Desviar chamadas entrantes á súa caixa de correo de voz ou
a outro número de teléfono. Para obter máis información,
póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.
Seleccione o tipo de chamadas a desviar e escolla entre as
seguintes opcións:
● Se está ocupado — Desviar as chamadas entrantes cando
ten unha chamada en curso.
● Se non responde — Desviar chamadas entrantes despois
de que o seu dispositivo soe durante un tempo
determinado. Seleccione a cantidade de tempo que soa o
dispositivo antes de desviar a chamada.
● Se fóra de cobertura — Desviar chamadas cando o
dispositivo está desconectado ou fóra da cobertura da
rede.
● Se non está dispoñible — Desviar chamadas se ten unha
chamada en curso, se vostede non responde ou o
dispositivo está desconectado ou fóra de cobertura.
Para desviar chamadas á súa caixa de correo de voz,
seleccione un tipo de chamada, unha opción de desvío, e
Opcións > Activar > Á caixa de correo de voz.
Para desviar chamadas a outro número de teléfono,
seleccione un tipo de chamada, unha opción de desvío, e
Opcións > Activar > A outro número. Introduza o número
ou seleccione Buscar para buscar un número gardado en
Contactos.
Funcións de chamada
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
25
Para comprobar o estado actual dos desvíos, desprácese ata
a opción de desvío e seleccione Opcións > Comprobar
estado.
Para desactivar o desvío de chamadas, desprácese ata a
opción de desvío e seleccione Opcións > Desactivar.