Nokia 6730 classic - Axustes de chamada

background image

Axustes de chamada

Axustes de chamada

Seleccione

>

Axustes > Axustes e Teléfono >

Chamadas.
Seleccione entre as seguintes opcións:
Envío do número propio — Amosar o seu número de

teléfono á persoa á que está chamando.

Chamada en espera — Axusta o dispositivo para que o

informe das chamadas entrantes no transcurso doutra

chamada (servizo de rede).

Rexeitar chamada mens. — Rexeitar unha chamada e

enviar unha mensaxe de texto ao interlocutor.

Funcións de chamada

© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.

24

background image

Texto da mensaxe — Escriba a mensaxe de texto

estándar que se enviará cando rexeite unha chamada.

Vídeo propio á cham. ent. — Permitir ou impedir o envío

de vídeo no trasncurso dunha videochamada desde o seu

dispositivo.

Imaxe en videochamada — Amosar unha imaxe fixa se

non se envía vídeo durante unha videochamada.

Rechamada automática — Configurar o seu dispositivo

para realizar un máximo de 10 intentos de conectar a

chamada despois dun intento de chamada sen éxito. Para

deter a rechamada automática, prema a tecla fin.

Amosar duración cham. — Amosar a duración da

chamada no seu transcurso.

Resumo tras chamada — Amosar a duración da

chamada ao final da mesme.

Marcación rápida — Activar a marcación rápida.

Calquera tecla responde — Activar a resposta con

calquera tecla.

Liña en uso — Este axuste (servizo de rede) só se amosa

se a tarxeta SIM admite dous números de subscritor, é

dicir, dúas liñas de teléfono. Seleccione que liña de

teléfono desexa utilizar para facer chamadas enviar

mensaxes de texto. As chamadas de ámbalas dúas liñas

poden responderse sen ter en conta a liña seleccionada.

Se selecciona Liña 2 e non se subscribiu a este servizo de

rede, non poderá realizar chamadas. Cando se selecciona

a liña 2, amósase na pantalla de inicio.

Cambio de liña — Impedir a selección de liñas (servizo

de rede), se a tarxeta SIM admite esa opción. Para cambiar

este axuste, necesita o código PIN2.