
Cambiar o idioma de escritura
Cando está a escribir un texto, é posible cambiar o idioma de
escritura. Por exemplo, se preme a tecla 6 varias veces para
alcanzar un carácter específico, cambiar o idioma de escritura
permite acceder aos caracteres nunha orde diferente.
Se está a escribir un texto usando un alfabeto non latino e
desexa escribir caracteres latinos, como por exemplo
enderezos de correo electrónico ou web, é posible que
necesite cambiar o idioma de escritura. Para cambiar o
idioma de escritura, seleccione Opcións > Idioma de
escritura, e un idioma de escritura que utilice caracteres
latinos.