Tons de chamada, imaxes e texto de
chamada para contactos
É posible definir un ton de chamada para un grupo ou
contacto e unha imaxe ou un texto de chamada para un
contacto. Cando o contacto lle chame, o dispositivo
reproducirá o ton de chamada seleccionado e amosará a
imaxe ou texto de chamada (de enviarse xunto coa chamada
o número de teléfono da persoa que chama e de que o
dispositivo o recoñeza).
Para definir un ton de chamada para un contacto ou grupo
de contactos, seleccione o contacto ou o grupo e Opcións >
Ton de chamada, e un ton de chamada.
Para definir un texto de chamada para un contacto,
seleccione o contacto e Opcións > Engadir texto
chamada. Introduza o texto de chamada e seleccione
Aceptar.
Para engadir unha imaxe para un contacto gardado na
memoria do dispositivo, seleccione o contacto, Opcións >
Engadir imaxe e unha imaxe da Galería.
Para eliminar o ton de chamada, seleccione Ton
predeterminado da lista de tons de chamada.
Para ver, cambiar ou eliminar a imaxe dun contacto,
seleccione o contacto, Opcións > Imaxe, e a opción
desexada.