
Seleccione > Contactos.
En Contactos, pode gardar e actualizar a información de
contacto, como números de teléfono, enderezos postais ou
enderezos de correo electrónico dos seus contactos. Pode
engadir un ton de chamada persoal ou unha miniatura a unha
tarxeta de contacto. Ademais, tamén pode crear grupos de
contacto, o que lle permite enviar mensaxes de texto ou
correos electrónicos a varios destinatarios á vez.
Para obter máis información acerca dos contactos e dos
contactos da SIM, consulte a guía de usuario ampliada que
atopará nas páxinas de asistencia técnica do produto do sitio
web de Nokia.