Sincronización
Seleccione
>
Axustes > Conectivid. > Sincro..
Sincronización permite sincronizar as súas notas, entradas da
axenda, mensaxes de texto e multimedia, favoritos do
navegador ou contactos con varias aplicacións compatibles
dun ordenador compatible ou da Internet.
É posible recibir os axustes de sincronización nunha mensaxe
especial do fornecedor de servizos.
Un perfil de sincronización contén os axustes necesarios para
levar a cabo a sincronización.
Ao abrir a aplicación, amósase o perfil de sincronización
predeterminado ou o utilizado anteriormente. Para
modificar o perfil, desprácese ata un elemento de
sincronización e seleccione Marcar para incluílo no perfil ou
Desmarcar omitilo.
Conectividade
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
65
Para administrar os perfís de sincronización, seleccione
Opcións e a opción desexada.
Para sincronizar datos, seleccione Opcións > Sincronizar.
Para cancelar a sincronización antes de que remate,
seleccione Cancelar.
19. Suxestións para respectar o medio ambiente
A continuación, facilítanse suxestións acerca de
como contribuír a protexer o medio ambiente.
Aforro de enerxía
Cando se cargue completamente a batería e desconecte o
cargador do dispositivo, lembre tamén desconectar o
cargador da toma de corrente.
Non é necesario cargar a batería con tanta frecuencia se leva
a cabo as seguintes accións:
● Pechar e desactivar as aplicacións, os servizos e as
conexións cando non os estea a utilizar.
● Reducir o brillo da pantalla.
● Axustar o dispositivo para que acceda ao modo de aforro
de enerxía despois dun período mínimo de inactividade,
se esta opción se atopa dispoñible no dispositivo.
● Desactivar os sons innecesarios, por exemplo, os tons do
teclado. Axustar o volume do dispositivo nun nivel medio.
Reciclaxe
Lembrouse de reciclar o seu dispositivo antigo? Entre o 65 e
o 80% dos materiais que se empregan na fabricación dos
teléfonos móbiles Nokia poden reciclarse. Devolva sempre os
seus produtos electrónicos, baterías e materiais de embalaxe
usados a un punto de recollida correspondente. Deste xeito,
axudará a impedir a eliminación incontrolada de residuos e
contribuirá á reciclaxe de materiais. Se desexa obter
información acerca de cómo reciclar os seus produtos Nokia,
visite a páxina www.nokia.com/werecycle ou
www.nokia.mobi/werecycle.
Para reciclar a embalaxe e as guías do usuario, acuda ao seu
centro de reciclaxe local.
Aforro de papel
Esta guía do usuario axuda a comezar a utilizar o dispositivo.
Se desexa obter instrucións máis detalladas, abra a función
de axuda que se atopa incluída no dispositivo (na maioría das
aplicacións, seleccione Opcións > Axuda). Tamén é posible
atopar as guías do usuario e outra información de asistencia
técnica nas seguintes páxinas: www.nokia.com/support.