Nokia 6730 classic - Cable de datos

background image

Cable de datos

Para evitar danar a tarxeta de memoria ou corromper os

datos, non desconecte o cable USB durante a transferencia de

datos.

Transfira datos entre o dispositivo e un

ordenador.

1. Insira unha tarxeta de memoria no seu dispositivo e

conecte o dispositivo a un ordenador compatible

mediante o cable de datos USB.

2. Cando o dispositivo lle pregunte qué modo utilizar,

seleccione Almacenaxe masiva. Neste modo, poderá ver

o seu dispositivo como un disco duro extraíble no

ordenador.

3. Transfira os datos desexados entre o ordenador e o seu

dispositivo.

4. Finalice a conexión dende o ordenador (por exemplo,

dende o asistente Quitar hardware de forma segura de

Windows) para evitar danar a tarxeta de memoria.

Para modificar os axustes do modo USB, seleccione >

Axustes > Conectivid. > USB.
Para cambiar o modo USB que normalmente emprega co

cable de datos, seleccione Modo de conexión USB.
Para que o dispositivo lle pregunte qué modo utilizar cada

vez que conecte un cable USB ao dispositivo, seleccione

Pregunt. ao conectar > Si.
Para usar Nokia PC Suite co seu dispositivo, instale Nokia PC

Suite no seu ordenador, conecte un cable USB, e seleccione

PC Suite.