Vinculación de dispositivos
Seleccione
>
Axustes > Conectivid. > Bluetooth.
Abra a ficha de dispositivos vinculados.
Antes de vincular, pense o seu propio código (1-16 díxitos) e
acorde utilizar o mesmo código co usuario do outro
dispositivo. Os dispositivos sen interface de usuario teñen un
código fixo. Só precisa o código ó conectar os dispositivos por
Conectividade
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
63
primeira vez. Despois da vinculación pódese autorizar a
conexión. A vinculación e autorización da conexión fan que
esta sexa máis rápida e sinxela, xa que non terá que aceptar
a conexión entre dispositivos vinculados cada vez que
estableza a conexión.
O código dun acceso remoto SIM debe ter 16 díxitos.
1. Seleccione Opcións > Novo disposit. vinculado. O
dispositivo comeza a buscar dispositivos Bluetooth ó
alcance. Se enviou datos usando Bluetooth
anteriormente, amosarase unha lista cos resultados das
buscas anteriores. Para buscar máis dispositivos
Bluetooth, seleccione Máis dispositivos.
2. Seleccione o dispositivo co que desexa establecer a
vinculación e insira o código. O mesmo código débese
inserir tamén no outro dispositivo.
3. Seleccione Si para facer unha conexión entre o seu
dispositivo e outro automaticamente, ou Non para
confirmar a conexión manualmente cada vez que se tente
establecer unha conexión. Despois da vinculación, o
dispositivo memorizarase na páxina de dispositivos
vinculados.
Para asignar un alcume ao dispositivo vinculado, seleccione
Opcións > Asignar nome curto. O alcume amosarase só no
seu dispositivo.
Para borrar unha vinculación, seleccione o dispositivo do que
quere borrar a vinculación e Opcións > Borrar. Para borrar
todas as vinculacións, seleccione Opcións > Borrar todos.
Se cancela a vinculación cun dispositivo co que está
actualmente conectado, a vinculación eliminarase
inmediatamente e a conexión rematará.
Para permitir que un dispositivo vinculado se conecte
automaticamente ao seu dispositivo, seleccione Fixar como
autorizado. As conexións entre o seu dispositivo e outros
dispositivos pódense facer sen o seu coñecemento. Non é
necesaria unha aceptación ou autorización por separado. Use
este estado para os seus propios dispositivos, coma o seu
auricular ou ordenador compatibles, ou dispositivos que
pertenzan a xente na que vostede confíe. Se desexa aceptar
as peticións de conexión dos outros dispositivos
individualmente cada vez, seleccione Fixar non
autorizado.
Para empregar un accesorio de audio Bluetooth coma un
mans libres ou un auricular Bluetooth, terá que vincular o seu
dispositivo co accesorio. Para información verbo do código e
máis instrucións, consulte a guía de usuario de accesorios.
Para conectar cun accesorio de audio, conecte o accesorio.
Algúns accesorios de audio conéctanse automaticamente ao
seu dispositivo. Se non, abra a ficha de dispositivos
vinculados, seleccione o accesorio e Opcións > Conec. con
dispos. audio.