Acerca de Bluetooth
A tecnoloxía Bluetooth posibilita as conexións sen fíos entre
dispositivos electrónicos nun espazo de 10 metros. A
conexión Bluetooth pódese empregar para enviar imaxes,
vídeos, texto, tarxetas de visita, notas da axenda, ou para
conectarse sen fíos a dispositivos que utilicen a tecnoloxía
Bluetooth.
Dado que os dispositivos que empregan a tecnoloxía
Bluetooth utilizan ondas de radio, o seu dispositivo e os
outros dispositivos non precisan estar apuntando os uns cara
aos outros. Os dous dispositivos só precisan estar a unha
distancia máxima de 10 metros, aínda que a conexión pode
estar suxeita a interferencias de obstrucións coma paredes
ou dispositivos electrónicos.
Pódense activar varias conexións Bluetooth á vez. Por
exemplo, se o seu dispositivo está conectado a un auricular,
tamén pode transferir ficheiros a outros dispositivos
compatibles á vez.
O dispositivo é compatible coa especificación Bluetooth 2.0
+ EDR que admite os seguintes perfís: Distribución de audio
avanzada, Control remoto de audio/vídeo, Tratamento básico
de imaxes, Impresión básica, Identificación de dispositivo,
Rede de marcación, Transferencia de ficheiros, Distribución
xeral de audio/vídeo, Acceso xenérico, Intercambio xenérico
de obxectos, Mans libres, Dispositivo de interface humana,
Auriculares, Envío de obxectos, Acceso a axenda de teléfonos,
Porto serie e Acceso a SIM . Para asegurar a interoperabilidade
con outros dispositivos que dispoñan de tecnoloxía
Bluetooth, utilice accesorios Nokia homologados para este
modelo. Póñase en contacto cos fabricantes dos outros
dispositivos para obter información sobre a compatibilidade
con este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth aumentan o
consumo de enerxía e reducen a duración da batería.