Gravar vídeos
1. Se a cámara se atopa en modo de imaxe, seleccione o
modo vídeo na barra de ferramentas.
2. Para comezar a gravar, prema a tecla capturar.
3. Para facer unha pausa na gravación en calquera
momento, prema Pausa. Seleccione Continuar para
continuar coa gravación.
4. Para deter a gravación, seleccione Deter. O videoclip
gárdase automaticamente na Galería. A lonxitude
máxima do videoclip depende da memoria dispoñible.
12. Internet
Co seu dispositivo, pode navegar na Internet e na intranet da
empresa, e descargar e instalar novas aplicacións no seu
dispositivo. Tamén pode usar o seu dispositivo como un
módem e conectar o seu PC á Internet.
Navegador web
Mediante a aplicación do navegador web, é posible visualizar
páxinas Web en linguaxe de marcaxe en hipertexto (HTML)
na Internet tal coma foron deseñadas orixinalmente. Tamén
é posible navegar por páxinas web deseñadas
especificamente para dispositivos móbiles e que empregan
a linguaxe XHTML ou WML.
Para navegar pola web, cómpre dispoñer dun punto de
acceso á Internet configurado no dispositivo.
Navegación pola web
Seleccione
>
Web.
Atallo: Para iniciar o navegador, manteña premida a
tecla 0 na pantalla de inicio.