Axustes
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
55
código PIN de xeito incorrecto tres veces consecutivas, o
código bloquearase e necesitará o código PUK para
desbloquealo antes de poder utilizar de novo a tarxeta SIM.
Se desexa que o teclado se bloquee automaticamente
despois dun período definido, seleccione Teléfono e tarxeta
SIM > Temp. bloq. autom. tecl..
Para definir un tempo de espera despois do cal o dispositivo
se bloquea automaticamente e só se poida utilizar se
introduce o código de bloqueo correcto, seleccione Teléfono
e tarxeta SIM > Tempo bloq. autom. tlf.. Introduza o
período de espera en minutos, ou seleccione Ningún para
desactivar a función de autobloqueo. Aínda que o dispositivo
estea bloqueado, é posible responder a chamadas e facer
chamadas ao número de emerxencia oficial programado no
dispositivo.
Para cambiar o código de bloqueo, seleccione Teléfono e
tarxeta SIM > Código de bloqueo. O código de bloqueo
predeterminado é 12345. Introduza o código actual e despois
o novo código dúas veces. O novo código debe ter entre 4 e
255 caracteres. Pódense usar caracteres alfanuméricos
(maiúsculas e minúsculas). O dispositivo notifícalle se o
código de bloqueo non está formatado axeitadamente.