Restablecer axustes orixinais
Para restablecer os axustes orixinais do dispositivo,
seleccione > Axustes > Axustes e Xeral > Axustes
fábrica. Para facer isto, precisa o código de bloqueo do
dispositivo. Unha vez levado a cabo o restablecemento, é
posible que o dispositivo tarde máis tempo en acender. Isto
non afecta aos documentos, información de contacto,
entradas da axenda e ficheiros.
Axustes
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
56
17. Xestión de datos
Instalar ou eliminar aplicacións
Instalar aplicacións
Seleccione
>
Aplicacións > Instalacións > Xestor
aplic..
Os ficheiros de instalación pódense transferir ao dispositivo
dende un ordenador compatible, descargar durante a
navegación ou recibilos nunha mensaxe multimedia, como
ficheiro adxunto de correo electrónico, ou mediante outros
métodos de conexión, como unha conexión Bluetooth. Pode
utilizar Nokia Application Installer de Nokia Ovi Suite para
instalar unha aplicación no dispositivo.
As iconas do xestor de aplicacións indican o seguinte:
Aplicación SIS ou SISX
Aplicación Java™
Importante: Só instale e utilice aplicacións e outro
software procedente de fontes de confianza, como
aplicacións Symbian Signed ou que teñan pasado a proba
Java Verified.
Antes da instalación, teña en conta o seguinte:
● Para ver o tipo de aplicación, o número da versión e o seu
fornecedor ou creador, seleccione Opcións > Ver
detalles.
Para ver os detalles do certificado de seguridade da
aplicación, seleccione Detalles: > Certificados: > Ver
detalles.
● Se instala un ficheiro que contén unha actualización ou
parche para unha aplicación existente, só pode restaurar
a aplicación orixinal se posúe o ficheiro de instalación
orixinal ou unha copia de seguridade completa do
paquete de software eliminado. Para restaurar a
aplicación orixinal, elimine a aplicación e instálea de novo
dende o ficheiro de instalación orixinal ou dende a copia
de seguridade.
Para instalar aplicacións Java é preciso o ficheiro JAR. Se
non se atopa, é posible que o teléfono lle solicite a súa
descarga. Se non existe ningún punto de acceso definido
para a aplicación, solicitaráselle seleccionar un. Durante a
descarga do ficheiro JAR, é posible que necesite inserir un
nome de usuario e un contrasinal para acceder ao servidor.
Pode obtelos do fornecedor ou creador da aplicación.
Para instalar o software ou unha aplicación, leve a cabo os
pasos que se indican a continuación:
1. Para localizar un ficheiro de instalación, seleccione >
Aplicacións > Instalacións > Xestor aplic.. Tamén
pode buscar os ficheiros de instalación mediante o Xestor
de ficheiros ou seleccionar Mensaxería > Caixa
entrada e abrir unha mensaxe que conteña un ficheiro
de instalación.