Asistencia técnica
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
19
Cando unha aplicación se atopa aberta, seleccione Opcións >
Axuda para acceder á axuda correspondente á vista actual.
Cando estea a ler as instrucións, seleccione Opcións >
Reducir tamaño fonte ou Aumentar tamaño fonte para
cambiar o tamaño do texto de axuda.
Pode atopar ligazóns a temas relacionados ao final do texto
de axuda. Se selecciona unha palabra subliñada, amosarase
unha breve explicación. Os textos de axuda utilizan os
seguintes indicadores: amosa unha ligazón a un tema de
axuda relacionado amosa unha ligazón a unha aplicación
sobre a que se está a dar información
Cando lea as instrucións, para cambiar entre os textos de
axuda e a aplicación aberta en segundo plano, manteña
premida a tecla Menú e realice unha selección na lista de
aplicacións abertas.